SUSANA ANTÓN MANDAYO

 

POESÍA

 

SUSANA ANTÓN MANDAYO

BIOGRAFÍA

Susana Antón Mandayo (Romai, 1960) é licenciada en Xeografía e Historia e Técnico en Elaboración de Viños. Iniciou a súa andaina literaria no eido da narrativa, coa escrita na post-adolescencia de varios relatos recollidos no libro “O asasino de calindornas” (1981), obra mencionada e analizada polas profesoras da USC Carmen Blanco (“LIBROS DE MULLERES, unha bibliografía de escritoras en lingua galega: 1863- 1992”) e Dolores Vilavedra (“Unha achega ao discurso narrativo de autoría feminina”). Nesa mesma década colaborou coa mítica revista de pensamento libertario “Arco da Vella”. Escribiu os poemarios “Caixas de cristal”, “Esgotando o azul” e “A filla da xardineira”, que aparecen publicados en fanzines e diversas revistas de poesía, así como os aínda inéditos álbums ilustrados “Os tres”, “O gato e a cereixa” e “ O ladrón de lúas”, en colaboración co pintor vigués Alfredo Vázquez e o artista gaditano José Manuel Medina Tamayo.

ADIADO

Unha reflexión evocadora, íntima e nostálxica sobre a realidade e os soños, sobre o paso do tempo e o pouso da memoria, sobre o perdido e o atopado. Lembranzas e ausencias, anhelos e paisaxes, voces e silencios…




Merca o meu libro ADIADO
Lugares de envío

Adiado
Susana Antón Mandayo
Poesía en galego
ISBN 978-84-943624-0-8
70 páginas


*Seleccione el lugar de destino del envío y compre.
A=España (Península y Baleares)
B=España (Canarias, Ceuta, Melilla y Andorra)
C=Países de la Unión Europea
D=Países europeos No de la Unión Europea
E=Resto de países del mundo